martes, 20 de xuño de 2023

Orientación académica para alumnado e familias de 4ºESO.

Se queres ver a presentación pica no enlace.


Aberto o prazo para solicitar praza nos centros residenciais docentes (A Coruña, Ourense, Vigo)

 Está aberto o prazo para solicitar praza nos CRD de Coruña, Ourense e Vigo.

PRAZOS:

- Bacharelato: Do 7 de xuño ao 12 de xullo de 2023

- CF de Grao Medio:  Do 7 de xuño ao 1 de agosto de 2023.

Máis información picando no enlace.

Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

 Aberto o prazo para solicitar as bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo:

 Do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023


Quen pode solicitar a bolsa? Alumando que estude na ESO o curso 2023/2024 e que presente:

- Discapacidade

-Trastorno grave de conduta, comunicación e linguaxe

- Trastorno de espectro autista

- Altas capacidades

Máis información picando no enlace.


mércores, 11 de xaneiro de 2023

CONVOCADAS A PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FP DE GRAO MEDIO. 2023

Xúntase a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazos de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Máis información:

venres, 9 de decembro de 2022

NOTAS DE CORTE CIUG. CURSO 2022 2023

Publicadas no portal da CIUG as notas de corte para o acceso ao sistema universitario galego no curso 2022/2023.

Podes consultalas picando no enlace.


luns, 19 de setembro de 2022

Bolsas da Fundación Amancio Ortega para estudar 1º Bacharelato en USA ou Canadá

En su edición 2023-2024, el Programa convoca 400 nuevas becas para estudiantes de 4º de la ESO que deseen estudiar 1º de Bachillerato en Canadá o Estados Unidos. De ellas, 70 becas están dirigidas a estudiantes de centros de Galicia, y 330 a estudiantes de otras comunidades y ciudades autónomas de España.

La beca cubre todos los servicios necesarios para realizar un curso escolar en el extranjero y vivir una experiencia única: viaje, tasas de escolarización y matrícula en un instituto público, alojamiento y manutención en una familia anfitriona, seguro médico y de accidentes, convalidación del año académico y apoyo continuado durante la estancia.
PRAZO DE INSCRIPCIÓN: DEL 12 DE SETIEMBRE AL 11 DE OCTUBRE (13.HORAS)
Toda la información pinchando en el enlace